27 de mayo de 2009

OS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS.

Os animais están presentes no cole, nos museos, nas casas... por iso as nubes de cores sairon a dar un paseo en busca de animais. Lembraron a obra dun pintor chamado Romero Britto, que xa visitou anacos de sol, e decidiron buscar animais na súa obra. E atoparon animais que viven preto de nós. Coñecedes todos os animais dos cadros? É moi sinxelo.


22 de mayo de 2009

MILES DE BICOS PARA MAURO

Hoxe as nubes de cores están un chisco tristes porque unha nube moi especial,que se chama Mauro, vaise para Ourense. Leva de todos nós miles de bicos e de apertas. Ademais isto é un ata pronto.

19 de mayo de 2009

Se queredes ir facendo unha visita desde a casa aquí tedes o enlace para ir ao ZOO DE VIGO


Tamén personaxes moi coñecidos por todos nós tamén foron de visita ao zoo. Neste caso, Mickey vai ao zoo e atópase cunha foca... Se queredes saber máis ollade este vídeo.

EXCURSIÓN A VIGO

Xa estades todos informados de que onte fomos ao teatro a ver La Gallina Churra.A información da obra de teatro podédela coñecer se ides de visita a anacos de sol.
Á saída do teatro fomos meredar a Samil e tamén a xogar. Disfrutade coas nosas fotos.

A MERENDA

OS XOGOS

14 de mayo de 2009

10 de mayo de 2009