24 de abril de 2009

ALIMENTOS DE ORIXE VEXETAL

Ao longo de toda esta semana no cole estivemos traballando cos alimentos de orixe vexetal: as froitas e as hortalizas ou vexetais. Todos son moi importantes na alimentación, sobre todo das nenas e nenos. Por iso, no cole destinamos un día das merendas para que os nenos e nenas a coman aquí.
Nestes dous vídeos aparecen de forma moi gráfica distintas froitas e vexetais. Míradeas con atención e intentade poñerlle nome a todos e todas as que aparecen. Papis, mamis para vós tamén.





Ademais conscientes todo o mundo da importancia do seu consumo é habitual ver campañas para o fomento do seu consumo. Aquí tedes un exemplo.




Poñemos a vosa disposición unha páxina moi interesante e informativa chamada PIOLLOS NON GRACIAS para que lle botedes unha ollada. Pensade que este é un problema de todos e todas e que pode chegar á vosa casa en calquera momento. Por favor, revisade as cabezas.

22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.




Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



1 de abril de 2009