2 de septiembre de 2009

10 de junio de 2009

8 de junio de 2009

FOMOS AO TEATRO




O venres, aproveitando que estamos co festival de teatro do cole, tivemos a sorte de acudir á última función. As obras representadas foron O Lobishome e a Outra historia de Carapuchiña Vermella.

4 de junio de 2009

VISITA AO ZOO

Este día foi moi especial para as nubes de cores, xa que a viaxe a Vigo permitiulles ver unha gran cantidade de animais, coñecer os seus nomes e cousiñas interesantes sobre eles e tamén da súa merenda e de tempo de xogo. Pasámolo en grande.

3 de junio de 2009

27 de mayo de 2009

OS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS.

Os animais están presentes no cole, nos museos, nas casas... por iso as nubes de cores sairon a dar un paseo en busca de animais. Lembraron a obra dun pintor chamado Romero Britto, que xa visitou anacos de sol, e decidiron buscar animais na súa obra. E atoparon animais que viven preto de nós. Coñecedes todos os animais dos cadros? É moi sinxelo.


22 de mayo de 2009

MILES DE BICOS PARA MAURO

Hoxe as nubes de cores están un chisco tristes porque unha nube moi especial,que se chama Mauro, vaise para Ourense. Leva de todos nós miles de bicos e de apertas. Ademais isto é un ata pronto.

19 de mayo de 2009

Se queredes ir facendo unha visita desde a casa aquí tedes o enlace para ir ao ZOO DE VIGO


Tamén personaxes moi coñecidos por todos nós tamén foron de visita ao zoo. Neste caso, Mickey vai ao zoo e atópase cunha foca... Se queredes saber máis ollade este vídeo.

EXCURSIÓN A VIGO

Xa estades todos informados de que onte fomos ao teatro a ver La Gallina Churra.A información da obra de teatro podédela coñecer se ides de visita a anacos de sol.
Á saída do teatro fomos meredar a Samil e tamén a xogar. Disfrutade coas nosas fotos.

A MERENDA

OS XOGOS

14 de mayo de 2009

10 de mayo de 2009

24 de abril de 2009

ALIMENTOS DE ORIXE VEXETAL

Ao longo de toda esta semana no cole estivemos traballando cos alimentos de orixe vexetal: as froitas e as hortalizas ou vexetais. Todos son moi importantes na alimentación, sobre todo das nenas e nenos. Por iso, no cole destinamos un día das merendas para que os nenos e nenas a coman aquí.
Nestes dous vídeos aparecen de forma moi gráfica distintas froitas e vexetais. Míradeas con atención e intentade poñerlle nome a todos e todas as que aparecen. Papis, mamis para vós tamén.





Ademais conscientes todo o mundo da importancia do seu consumo é habitual ver campañas para o fomento do seu consumo. Aquí tedes un exemplo.




Poñemos a vosa disposición unha páxina moi interesante e informativa chamada PIOLLOS NON GRACIAS para que lle botedes unha ollada. Pensade que este é un problema de todos e todas e que pode chegar á vosa casa en calquera momento. Por favor, revisade as cabezas.

22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.




Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



1 de abril de 2009

28 de marzo de 2009

A VISITA DA XOANIÑA


ESTE SEMANA LAURA B. (4 ANOS A) TROUXO UNHA XOANIÑA AO COLE. GUSTOUNOS MOITO A TODOS. TROUXONA NUN BOTE DE CRISTAL CON BURATIÑOS PARA RESPIRAR. DENTRO TIÑA LEITUGA PARA COMER. MAREÁMOLA UN POUCO E DESPOIS FIXEMOS UNHA XOANIÑA CON PLASTI VERMELLA E NEGRA. GRACIAS A AVOA DE LAURA.

24 de marzo de 2009

O CONTO VIAXEIRO DE XICO

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESTAMOS A FACER UN CONTO ENTRE TODOS. AS IDEAS, OS DEBUXOS E AS LETRAS ESTÁN FEITAS POR NÓS. A VER QUE VOS PARECE ....




Realizado polos nenos e nenas de 4 anos A.




Realizado polos nenos e nenas de 5 anos A.



Realizado polas nenas e nenos de 3 anos A.



Realizado polas nenas e nenos da aula mixta de 4 e 5 anos.



Realizado polas nenas e nenos de 4 anos B.



Realizado polos nenos e nenas de 3 anos B.